a frustración
é mellor
comérela en bocados miúdos
has aturar que teña sabor a amargo
pecha os ollos como fas tantas veces
e engule
engule
que se o propós
hache entrar toda unha noite pola gorxa
a frustración
é inxectábel
fumábel
beixábel
mais non abandonábel
a frustración
transmítese en cariñas de mágoa
en adeuses sen eco
en outonos de follas sen café
e non se dilúe
vai directa ao sangue
a frustración
non é contaxiosa
o cal é mágoa
porque sería bonito
frustrar
tanto silencio
de por si
frustrante
© Frantz Ferentz, 2001
Sem comentários:
Enviar um comentário