déixame aínda algunha opción
algunha páxina en branco que te idolatre
algunha estrela con arume de limón
algunha saba que non saiba cinguirse
á túa ausencia...
déixame aínda algunha esperanza
aínda que sexa pura poeira
mínteme máis unha vez
e dime
que un camiño de ferro percorre
a túa pelve
até a túa fábrica de enigmas
para alén dos nevoeiros
da túa barbadela
déixame imaxinar
como ten que ser beixarte
ás escuras
coas fadas a susurrar
adolescencia
déixame deixarte
co silencio
a trabar lentamente tanta ausencia
mentres debuxo as bocas do teu mundo famento
-de min?-
e logo
esquéceme
e invéntame de novo
* * *
déjame aún alguna opción
alguna página en blanco que te idolatre
alguna estrella con perfume de limón
alguna sábana que no sepa ceñirse
a tua ausencia...
déjame aún alguna esperanza,
aunque sea puro polvo
miénteme otra vez
y dime
que un ferrocarril recorre
tu pelvis
hasta tu fábrica de enigmas
más allá de la niebla
de tu barbilla
déjame imaginar
como ha se ser besarte
a oscuras
con las hadas susurrando
adolescencia
déjame dejarte
con el silencio
mordiendo lentamente tanta ausencia
mientras dibujo las bocas de tu mundo hambriento
-¿de mí?-
y luego
olvídame
e invéntame de nuevo
Frantz Ferentz, 2013