domingo, fevereiro 03, 2013

MANUAL DE ERÓTICA


"chove"
di a gramática
que é oración impersoal
como
"amañece"
ou
"fai falla"

a gramática
é unha cretina
asexual
que nunca se namorou dun bo manual
de liñas eróticas
por iso non entende
que ti
me choves
ás veces núa
e que eu che amañezo
dentro
moi dentro
cando queremos

*   *   *

"llueve"
dice la gramática
que es oración impersonal
como
"amanece"
o
"hace falta"


la gramática
es una cretina 
asexual
que nunca se ha enamorado de un buen manual
de líneas eróticas
por eso no entiende
que tú
me llueves
a veces desnuda
y yo te amanezco
dentro
muy dentro
cuando queremos

Frantz Ferentz

Sem comentários: