domingo, fevereiro 24, 2013

FALA BAIXIÑO - HABLA BAJO


"fala baixiño"
disme
"vixíanme no cuarto do lado"

serán teus temores que moran
no cuarto do lado?

mais non hai cuarto do lado
só unha xanela sempre aberta
e un freixo a tremer do outro lado da rúa
e as túas palabras
como pegadas nunha neve escura que ninguén nota

queres cariñas
que endocen os elos da cadea
que teces na túa boca

"fala baixiño"
disme
"teño medo que me escoiten
no cuarto do lado".

poño o chapeu
e saio para a rúa

o louqueiro da porta interrógame coa ollada

"sandará"
dígolle
"cando se erga e saia soa pola porta
e lle conte as penas a unha cervexa"

non se decata
que ti escapas
abrazada á miña sombra

*   *   *

"habla bajo"
me dices
"me vigilan en el cuarto de al lado"

¿serán tus temores que viven
en el cuarto de al lado?

pero no hay cuarto de al lado
solo una ventana siempre abierta
y un fresno temblando al otro lado de la calle
y tus palabras
como pisadas en una nieve oscura que nadie percibe

quieres caricias
que endulcen los eslabones de la cadena
que tejes en tu boca

"habla bajito",
me dices
"tengo miedo que me escuchen
desde el cuarto de al lado"

me pongo el sombrero 
y salgo a la calle

el loquero de la puerta me interroga con la mirada

"se curará"
le digo
"cuando se levante y salga sola por la puerta
y le cuente sus penas a una cerveza"

no se da cuenta
que tú te escapas
abrazada a mi sombra

Frantz Ferentz, 2013

Sem comentários: