agora
na metade da noite
decides á fin espirte
e saír núa á praia
penetras no mar
que como ben esperabas
é morno
sentes a auga asulagarte
e respiras
mentres camiňas
lenta
cara ao fondo
ou talvez o fondo non sexa
máis que unha quimera
o mar
é boca sen corpo en que
aboias
aboias,
o teu nome
o mar che susurra
núa
sempre núa
sen tomar alento
quizá retroceda o tempo
quizá ti sexas
levidade,
ao teu lado
pasa ondas
talvez de esperma,
non temas
non te xulgan
a auga
é líquido amniótico
dun útero case infinito,
fecha os ollos
e agora
descansa
núa
sen latitude
núa
descansa
descansa
núa
e aboia
© Frantz Ferentz, 2012
Sem comentários:
Enviar um comentário