na penumbra
comprobas outra vez
se parou
de chover
na túa almofada
desligas o telemóbil
para facer calar
as físgoas do universo
que enmudezan de vez
os anxos...
e volves a mirar
a almofada
aínda enchoupada
de ti
chorando
as tardes de agosto
cansadas
xa non cabalgan
polos teus ombros
por un instante
desexas que chova
para arriba
para arriba
moi alto
para devolver
ás nubes o pranto
ou aos anxos
ou a quen for
de repente
de esguello entra unha canción
dun unicornio
e sentes un violino bébedo
preguntar por ti
lembras
que é agosto
e a sombra te agarima
suspiras
detés ti mesma
se parou
de chover
na túa almofada
desligas o telemóbil
para facer calar
as físgoas do universo
que enmudezan de vez
os anxos...
e volves a mirar
a almofada
aínda enchoupada
de ti
chorando
as tardes de agosto
cansadas
xa non cabalgan
polos teus ombros
por un instante
desexas que chova
para arriba
para arriba
moi alto
para devolver
ás nubes o pranto
ou aos anxos
ou a quen for
de repente
de esguello entra unha canción
dun unicornio
e sentes un violino bébedo
preguntar por ti
lembras
que é agosto
e a sombra te agarima
suspiras
detés ti mesma
a choiva sobre a almofada
e quitas a rolla dunha garrafiña
de cervexa fresca
ao demo
tanta soidade
ao demo
e deixas que un grolo de cervexa
che esvare polo peito
e quitas a rolla dunha garrafiña
de cervexa fresca
ao demo
tanta soidade
ao demo
e deixas que un grolo de cervexa
che esvare polo peito
© Frantz Ferentz, 2012
Sem comentários:
Enviar um comentário