quinta-feira, outubro 13, 2011

Por iso ven, torna.- Frantz Ferentz


sopremos unha cantiga xuntos
dous segundos
palla seca
que cheira a cabelos

o verán resístese a marchar
eu tamén

ficaría todo o serán
deitado no teu ventre
a descontar estrelas

prefiro
enlearche o cabelo
e finxir que adiviño
o teu nome

os deuses
deben estar preto
e teño saudades
da túa cariña
silenciosa

fervenzas
na cociña
mentres ris e fas torta
de mazá
sabes que me presta
e máis aínda
comela dos teus beizos

así era
até onte

por iso
ven
torna


© Frantz Ferentz, 2011

Sem comentários: