quarta-feira, agosto 17, 2011

Cinco pingas salgadas.- Frantz Ferentz


<1>

hei desterrarte
mentres fago xustiza
nos meus pensamentos

<2>

nunca apalpei
as túas mamelas
deberon xa caducar

<3>

cheiro a soños
unha guitarra afónica
ti sempre sen sombras

<4>

dis que gustas
da miña lingua mollada
non sexas metáfora

<5>

cala máis unha vez
rema meus cabelos
súcame mesmo a destempo


© Frantz Ferentz, 2011


Sem comentários: